Óscar Barrientos toma posesión como concelleiro da corporación e asumirá a área de Cultura, Deportes e Xuventude

26 Set 2024

O Concello celebrou, esta mañá, un pleno no que tomou posesión Óscar Barrientos Morales como concelleiro da corporación municipal en Unión x Cambre. O edil xurou o cargo despois da dimisión de David López Saborido o 10 de setembro. A alcaldesa, María Pan, deulle a benvida a Barrientos Morales, confiando en que “realizará un magnífico labor ao fronte da área de Cultura, Deportes e Xuventude”. Na sesión saíu aprobada a modificación do acordo plenario adoptado o 30 de novembro de 2023 sobre a solicitude de cesión ao Concello de dous ramais da AC-12 (na zona do Graxal). Despois de que o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible detectase un erro na superficie e na lonxitude dos tramos ao non contemplarse os terreos necesarios para a conservación e explotación destes. Tras emendar o erro, a superficie de cesión é de 11.872 m2. O punto saíu aprobado co voto favorable de Unión x Cambre, PP, PSOE, Alternativa dos Veciños e da concelleira non adscrita e coa abstención do BNG. Melloras en seguridade A corporación aprobou, por unanimidade, a moción presentada por Unión x Cambre para reclamar á Xunta de Galicia e á Deputación da Coruña a execución de beirarrúas peonís en varios puntos do termo municipal. No escrito pedíase, por unha banda, a construción de sendas en dúas vías autonómicas: unha na AC-214, desde o cruzamento de Catro Camiños (Pravio) cara ao lugar da Mota (Cecebre) e outra na AC-221, desde o cruzamento de Catro Camiños cara ao Apeadeiro de Cecebre. Tal e como se apuntaba na moción, estas actuacións foron trasladadas á Xunta de Galicia ata en catro ocasiones. A primeira vez foi en xuño do 2018, e a última en abril do 2024. Polo outro lado, a moción recollía a solicitude á Deputación da Coruña para crear sendas no km 3 da DP-1702, na contorna da glorieta da Rocha.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.