O Plan AFD, Accións Formativas para persoas Desempregadas, é a formación que convoca a Xunta de Galicia, como autoridade competente, dirixida aos traballadores en situación de desemprego e inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).
Esta formación é conducente ós “Certificados de Profesionalidade”, que permiten a acreditación oficial das competencias profesionais dunha ocupación.
Onde se imparte esta formación
Esta formación impártese en centros colaboradores acreditados, como é o caso do Centro de Formación do Concello de Cambre.
Cada centro colaborador está acreditado para impartir unhas determinadas especialidades formativas, en función das súas instalacións e medios técnicos.
A Xunta de Galicia convoca e aproba cada anualidade ós seus centros acreditados as especialidades formativas con maiores perspectivas laborais en cada comarca.
Quén pode participar nesta formación dos certificados de profesionalidade
Poden participan as persoas desempregadas inscritas no SPEG, que ademais cumpran cos requisitos de acceso esixidos para o certificado de profesionalidade da especialidade solicitada.
Os requisitos de acceso a un certificado de profesionalidade dependen do nivel de cualificación que se esixa en cada caso, atendendo o seu nivel de complexidade, de acordo cos seguintes niveis:
Nivel 1: Non esixe requisitos académicos nin profesionais, aínda que se han de posuír as habilidades de comunicación lingüística suficientes que permitan a aprendizaxe.
Nivel 2: Débese cumprir con algún dos seguintes requisitos:
- Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2.
- Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou superar as probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
- Ter superado as competencias clave de nivel 2.
Nivel 3: Débese cumprir con algún dos seguintes requisitos:
- Título de Bacharel.
- Certificado de profesionalidade de nivel 3.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
- Ter superado as competencias clave de nivel 3.
Programación Actual
PENDENTE DE APROBACIÓN
?¿?¿¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿??¿?¿??¿?¿?
Especialidades formativas homologadas no Concello de Cambre
Actualmente o Centro Municipal de Formación do Concello de Cambre conta coas seguintes especialidades formativas dos certificados de profesionalidade homologadas pola Xunta de Galicia.
CÓDIGO |
ESPECIALIDADE. |
NIVEL |
ADGD0208 |
Xestión integrada de recursos humanos |
3 |
ADGD0308 |
Actividades de xestión administrativa |
2 |
ADGG0208 |
Actividades administrativas en relación co cliente |
2 |
ENAE0208 |
Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas |
2 |
FMEC0110 |
Soldadura con electrodo revestido e TIG |
2 |
FMEC0210 |
Soldadura oxigás e soldadura MIG / MAG |
2 |
IFCD0110 |
Confección e publicación de páxinas web |
2 |
IFCI17 |
Técnico en software ofimático |
2 |
IFCT0109 |
Seguridade Informática |
3 |
IFCT0209 |
Sistemas Microinformáticos |
2 |
IMAI0108 |
Operacións de fontanería e calefación – climatización doméstica |
1 |
SSCB0109 |
Dinamización comunitaria |
3 |
SSCS0108 |
Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio |
2 |
SSCS0208 |
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais |
2 |