Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Cambre

O Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cambre aprobouse, de xeito inicial, o pasado 1 de decembro.

Tanto este instrumento de planeamiento urbanístico como o seu expediente completo se someten a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016 do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, se poderán formular as alegacións que se estimen pertinentes.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal e o seu expediente poderá ser consultado nas dependencias deste Concello de luns a venres das 8.00 a 15.00 horas. De requirir asistencia dos técnicos municipais, o horario de atención será das 10.00 ás 13.30 horas, para o que será preciso solicitar cita previa por medio dalgunha das seguintes vías:

  • No teléfono 981 61 31 28
  • Acudindo presencialmente á Casa do Concello
  • Solicitando cita a través da páxina web correspondente. Neste caso habilitouse un apartado específico paras citas vinculadas co Plan Xeral de Cambre. As persoas que accedan á web deberán seleccionar Urbanismo no despregable de Departamento Plan Xeral no apartado de tipo de cita.

A maiores, o Concello habilitou o correo electrónico planxeral@cambre.org para que os veciños e veciñas poidan formular calquera pregunta relacionada co documento de planeamento. Neste caso, os veciños e veciñas deberán achegar a referencia catastral. Esta pode entregarse mediante un plano e deberá ter 20 díxitos. 

Durante o prazo máximo de dous anos suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición así como de títulos habilitantes para a implantación de usos ou actividades en todo o termo municipal de Cambre agás naqueles ámbitos onde simultaneamente se cumpran as condicións das vixentes Normas Subsidiarias do Planeamento e as do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado inicialmente, prazo que será contado a partir da data de aprobación inicial deste instrumento de planeamento urbanístico, e que se extinguirá en todo caso coa aprobación definitiva do mesmo, de conformidade cos artigos 47.2 da Lei 2/2016 do solo de Galicia e 86 do regulamento da dita lei aprobado por Decreto 143/2016.