Programa Obradoiros de Semana Santa

– ¿Que é?:

Programa de conciliación da vida laboral e familiar onde se realizan actividades lúdico-deportivas e culturais relacionadas coa Semana Santa.

– Dirixido a:

Nenos/as do Concello de Cambre, de 2º ciclo de Educación Infantil, toda Educación  Primaria e 1º da ESO. Se hai prazas baleiras poderán solicitalo nenos/as doutros concellos.

– Requisitos:

Estar empadroado/a no Concello de Cambre e cumprir coa idade á que se fai referencia no apartado anterior.

– Prezo e reducións:

As taxas e os beneficios fiscais, son os contemplados  no acordo regulador vixente.

– Lugar da actividade:

Nun ou varios centros escolares de Cambre (segundo sexa necesario).

– Mais información:

Ademais da realización das actividades propias do programa, pódese solicitar calquera dos servizos complementarios de conciliación que amosamos a continuación:

– Servizo de transporte gratuito dos/das participantes con parada nos centros escolares de Cambre.

– Servizo de atención aos/ás participantes de 7:30 h a 9:30 h e servizo de almorzo.

– Servizo de comida de 13:30 h a 16:30 h, para quen o solicite.

– Prazo e forma de incrición:

O prazo de inscrición comeza normalmente logo do periodo de vacacións escolares de Entroido.

A forma de inscrición: presentación da solicitude de inscrición será preferiblemente vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Cambre.

Senon presentándoa físicamente en calquera dos rexistros de entrada municipais para o que deberá solicitar cita previa:

  • ou pola páxina web municipal.
  • ou chamando ao nº de teléfono 981 61 31 28