Programación para varias idades lectoras

OUTRAS ACTIVIDADES ARREDOR DO LIBRO E A LECTURA

• CLUBS DE LECTURA DE ADULTOS

Trátase de favorecer o interés e a promoción da lectura dun xeito dinámico a través da creación dun grupo de lectores e lectoras que se reúne dúas veces ao mes en cada biblioteca para despois comentar e intercabiar impresións sobre unha obra de lectura común.
As opinións dos membros do grupo enriquecen sempre a impresión inicial que cada un saca lendo en solitario. Desperta o sentido crítico á hora de ler.
Calendario de execución:
Desenvólvese cada quince días, de outubro a xuño, en dúas das Bibliotecas Municipais, a BM OsTemplarios e a BM Central, cun total dunhas 15 persoas por grupo.
Destinatarios:
Público adulto e xoves adultos.

• CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

Breve descripción da actividade:
Conmemoraremos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, en torno ao 24 de febreiro, con Paula Carballeira ou co Moucho. Realízanse centros de interés coa obra de Rosalía de Castro, contando co fondo de cada biblioteca, e de poesía, en xeral.

• DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Brve descripción da actividade:
Celebrámolo a finais de marzo, nas sesións do Moucho Leroucho con escenificacións teatrais de contos, interpretados polos adultos acompañantes (nais, pais…) e o Moucho Leroucho de narrador.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA POESÍA

Elaboramos Centros de interese adicados á poesía e á primavera. Ensalzamos a poesía en torno ao 21 de marzo, aproveitando as sesións de Paula Carballeira ou O Moucho Leroucho.

• ACTIVIDADES ESPECIAIS DE ABRIL-MAIO

– ABRILUSTRADO
– Exposicións
– Encontros taller de banda deseñada.

Breve descripción da actividade:
Esta é unha programación especial para conmemorar o mes de abril, mes dos Libros por excelencia, e o mes de maio, mes das Letras Galegas.
Este Proxecto denomínase ABRILUSTRADO. Enmárcanse aquí exposicións e Talleres de Ilustración e Banda Deseñada, impartidos por figuras do máximo nivel nestes campos.
Destinatarios:
Alumnado de todo o concello de Cambre e tamén de concellos limítrofes, pertencentes a 3º de ESO dos dous IES do Concello de Cambre.

– DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
– DÍA MUNDIAL DO LIBRO

• PREMIOS SUPERMOUCHO

Breve descripción:

Aqueles lectores e lectoras que máis libros teñan levado en préstamo ao longo dun ano (contabilizando de dende xuño ate maio do ano seguinte) acadan o seu DIPLOMA SUPERMOUCHO e reciben como agasallo aquilo que máis valoran: os libros.
Este galardón otorgase en cada unha das Bibliotecas da Rede.

Calendario:
Na terceira semana de xuño.

• DÍA DAS BIBLIOTECAS

Celébrase en torno ao día 24 de outubro. Asúa finalidade é por en valor a importancia da biblioteca como instrumento de difusión cultural, fonte de aprendizaje e convivencia, axente de dinamización social.
Metodoloxía:
Abogamos por unha metodología aberta e participativa. Os fíos condutores son o noso lema “Un libro sempre conmigo” e a axuda inestimable da nosa mascota O Moucho Leroucho.
Premios:
• Premio de 200 libros nas Campañas de Animación á lectura do Ministerio de Cultura, a FEMP e a Fundación Coca-Cola para concellos de ata 50000 habitantes.
• 3º premio na V Campaña (2002), dotado con 6000€ e lote de libros.