Programa “Educar Xogando”

– ¿Que é?

 É un programa de orientación en materia educativa para pais/ nais ou titores/as de nenos/as en idades comprendidas entre os 0 e 3 anos. Durante o curso escolar realízanse reunións quincenais. A estas reunións acudan os pais, nais ou titores con os rapaces.

 – Dirixido a:

 Pais, nais ou titores/as de nenos/as de 0 a 3 anos do Concello de Cambre.

 – Contido:

 Están dirixidas por unha orientadora, onde se fan  actividades, xogos, contos, cancións…e tamén se fala de temas de interese que os propios pais  e nais ou titores/as propoñen, como por exemplo: os celos, rabechas, o chupete, problemas co sono ou alimentación..

 – Prazo e forma  de inscrición:

O prazo de inscrición terá lugar antes do inicio do curso escolar.

Forma de inscrición: A presentación da solicitude de inscrición será preferiblemente vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Cambre.

Senon presentándoa físicamente en calquera dos rexistros de entrada municipais para o que deberá solicitar cita previa:

  • ou pola páxina web municipal.
  • ou chamando ao nº de teléfono 981 61 31 28