Programas de subvencións municipais

Bolsas de estudo.

Axudas ás familias de Cambre que cumpran determinados requisitos, sendo subvencionables os gastos derivados da compra de libros de texto, material escolar e uniformes escolares segundo o curso ao que lle corresponda:

– Alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil: Libros de texto, material escolar e uniformes escolares (de ser o caso) ou vestiario destinado á escolarización.

– Alumnado de Educación Primaria: uniformes escolares (de ser o caso) ou vestiario destinado á escolarización.

– Alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos: Libros de texto e material escolar.

Poderán solicitalas as familias que cumpran os seguintes requisitos:

-Estar empadroado/a no Concello de Cambre con anterioridade á presentación da solicitude desta axuda (polo menos o alumno cun dos proxenitores).

-Estar matriculado/a nun centro escolar público no curso escolar obxecto da convocatoria, para o curso para o que solicita a bolsa.

-Convivir co/a solicitante da bolsa.

-Pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual igual ou inferior a 10.000,00 euros.

-Presentar a solicitude da axuda no prazo establecido en modelo normalizado ao efecto, e achegar toda a documentación requirida.

-Non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade ou prohibición para ser beneficiario de axudas segundo o disposto no artigo 13 da Lei xeral de Subvencións.

– Prazo e forma de inscrición:

O prazo de inscrición terá lugar antes do inicio do curso escolar.

A forma de inscrición: a presentación da solicitude de inscrición será preferiblemente vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Cambre.

Senon presentándoa físicamente en calquera dos rexistros de entrada municipais para o que deberá solicitar cita previa:

  • ou pola páxina web municipal.
  • ou chamando ao nº de teléfono 981 61 31 28

Subvención municipal para ANPAs e centros escolares de Cambre

 O Concello de Cambre covoca anualmente unha subvención en concurrencia competitiva dirixida ás ANPAs e os centros escolares de Cambre para axudarlles económicamente co desenvolvemento de actividades de carácter educativo, deportivo e cultural nos seus correspondentes centros escolares.

Convenios coas ANPAs dos CEIPs de Cambre

O Concello de Cambre asina anualmente un convenio de colaboración coas ANPAs dos CEIPs de Cambre para a xestión das actividades extraescolares no seu centro, por medio do cal se financia a xestión do programa de actividades, o desenvolvemento das actividades, o material que adquiran para as mesmas e o transporte dos/das participantes en tales actividades.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.