Rexistro de explotacións avícolas (galiñeiros) destinadas ó autoconsumo

13 Mar 2024

Desde o Departamento de Medio Ambiente do Concello de Cambre lémbrase que, en cumprimento do Real Decreto 637/2021, do 27 de xullo, cómpre rexistrar as explotacións avícolas existentes en tódolos concellos de Galicia.

Esta obriga esténdese tamén a aquelas explotacións (galiñeiros) que a veciñanza de Cambre teñan, aínda que estean dedicadas ao autoconsumo. Ademais de non comercializar coa carne ou os ovos, o número de aves (galiñas, polos, patos, gansos, pavos, pombas, pintas, faisáns, perdices ou paspallás) non debe ser superior a trinta (30). El impreso a cubrir es el MR501A.

O incumprimento desta medida pode dar lugar a sancións, ademais de que é necesario presentar o código que recibirán o presentar o trámite para mercar polos para repoñer no curral, acción que adoita realizarse nestas datas.

A Concellería de Medio Ambiente ponse a disposición da veciñanza para resolver dúbidas ou axudarlles coa tramitación, no teléfono 698 17 71 21 ou no correo electrónico medioambiente@cambre.org

No caso das explotacións que comercialicen os ovos ou a carne, ademais de cubrir o impreso específico MR501C, a mellor opción é contactar coa Xefatura Territorial de Medio Rural da Coruña.

Taboleiro

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.