Rexistro Municipal de Asociacións Veciñais

Documentación necesaria para a incripción no RMAV do Concello de Cambre

a) Instancia dirixida á Alcaldía, solicitando a inscrición no citado rexistro

b) Acta Fundacional asinada por todas as persoas fundadoras en todas as súas páxinas

c) Estatutos vixentes

d) Número de inscrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, e noutros rexistros públicos

e) Acta ou certificación da última asemblea xeral, ou órgano equivalente, na que fose elixida a xunta directiva vixente no día da inscrición (anexo I)

f) Certificado do/a secretario/a da asociación indicando o domicilio social da entidade (anexo II)

g) Tarxeta de identificación fiscal

i) Documento acreditativo da conta bancaria

j) Certificación do/a secretario/a da entidade do número de socios inscritos no momento da solicitude, especificando número de empadroados no municipio (anexo III)

k) Proxecto anual de actividades

l) Orzamento anual de investimentos e gastos da entidade

m) Teléfono/s de contacto, enderezo electrónico de contacto e páxina web se estivese operativa

n) Autorización para a incorporación dos datos da entidade en directorio, iso sen prexuízo do debido cumprimento do previsto na normativa vixente en materia de protección de datos (publicación de catálogos, listados na páxina web municipal, etc.) (Anexo IV)

Regulamento de participación cidadá do Concello de Cambre

Aprobación inicial polo Pleno o 20/05/2011, aprobación definitiva publicada BOP núm. 147 do 03/08/2011
Modificado en sesión plenaria do 27/2/2014, aprobación definitiva publicada no BOP núm. 81 do 30/4/2014

Anexos:
modelo programa e orzamento
Anexo I
Anexo II
Anexo III
Anexo IV