Servizo de asesoría xurídica e gabinete de inserción laboral

 

Gabinete de inserción social a través do Consorcio As Mariñas

Servizo consistente en axudar a conseguir a integración social das unidades de convivencia e/ou persoas con problemas de integración social e laboral do municipio de Cambre.
É requisito indispensable estar empadroado no concello de Cambre e acudir a unha cita previa coa traballadora social, ésta poderá solicitarse no 981 654 812 ou na dirección de correo electrónico ser_sociales@cambre.org.
A atención ao público deste servizo son os 1º 2º e 4º martes de mes de 9:30 a 12 horas. 

Servizo de asesoría xurídica a través do Consorcio As Mariñas

Consiste na atención de carácter xurídico a persoas con escasos recursos económico do municipio de Cambre.
É requisito indispensable estar empadroado no concello de Cambre e acudir a unha cita previa coa traballadora social, ésta poderá solicitarse no 981 654 812 ou na dirección de correo electrónico ser_sociales@cambre.org.
A atención ao público deste serivzo son os catro primeiros mércores e o primeiro venres de mes de 9:30 a 12:00 horas.