Urbanizacións
Emisión do correspondente informe técnico relativo aos proxectos de urbanización, supervisión de proxectos, impoñendo os condicionantes técnicos respecto dos servizos urbanísticos (abastecemento, saneamento, alumeado, viales, beirarrúas, aparcadoiros, parques e prazas) e o aval necesario para garantir a ejecución das obras.
Emisión do informe sobre a recepción de obras urbanizadoras e devolución do aval depositado previamente para garantir a ejecución das obras.
Licenzas de primeira ocupación de edificacions illadas
Emisión do correspondente informe técnico relativo ás conexións de abastecemento e saneamento coas redes municipais.
Ordes de ejecución
Realízanse os traballos de inspección necesarios e os correspondentes informes técnicos relativos ao cumprimento da lexislación vixente en materia de medioambiente no que se informa sobre o estado de mantemento da masa vegetal das leiras ou terreos obxecto de denuncia, así como as medidas previstas para a corrección da situación denunciada.
Licenzas por uso especial ou aprovechamiento privativo (vados, reservas de estacionamiento para carga e descarga)
Emisión do correspondente informe técnico relativo ao cumprimento da ordenanza de vados. No caso dos vados emítense dous informes pola sección de servizos, un indicando como deben sinalizar o vado e os metros de vado concedidos, e outro informe no que se indica si a señalización do vado realizada polo peticionario da licenza, é correcta ou non.
Licenzas de Actividade
O desenvolvemento dunha actividade comercial, industrial ou de servizos estará suxeito á presentación dunha comunicación previa ou unha declaración responsable no Concello de Cambre, excepto nos casos nos que se requira que se solicite e obteña unha licenza de apertura ou de actividade con carácter previo.
Desde esta sección estúdase a documentación aportada polo solicitante respecto das condicións salubridade, seguridade e protección medioambiental e as súas medidas correctoras.
Licenzas para actividades recreativas (atraccións de feiras)
Emisión do correspondente informe técnico relativo á documentación obrante no expediente, respecto ao cumprimento da normativa técnica en vigor (salubridade, seguridade e protección medioambiental) e as súas medidas correctoras.