Últimos días para solicitar as subvencións do programa Consolida Cambre

5 Dec 2023

O Concello pechará este domingo, 10 de decembro, o prazo de solicitude do programa de axudas Consolida Cambre. Trátase dunha liña de subvencións coas que se busca promover a consolidación de proxectos empresariais no municipio. A liña de 2023 conta cunha dotación orzamentaria de 80.000 euros, 20.000 máis que no exercicio anterior. Con respecto a 2022, as contías máximas a percibir polos beneficiarios pasarán de 1.100 a 2.500 euros.

En canto aos posibles destinatarios, poderán optar a estas axudas: persoas individuais ou socios de micropemes ou pemes que se desen de alta na Seguridade Social entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro de 2021 e que continúen de alta na data de publicación do extracto da convocatoria.

A contía máxima a conceder a cada persoa ou entidade beneficiaria non poderá superar os 2.500 euros. Esta axuda servirá para cubrir as cotas correspondentes do pago á seguridade social no Réxime especial de Traballadores/as por conta propia ou Autónomos/as (RETA) ou nalgunha mutualidade dos colexios profesionais correspondente aos 18 primeiros meses de actividade.

A tramitación destas axudas poderá realizarse, exclusivamente, por vía telemática a través da sede electrónica, no apartado de subvencións, axudas e premios.

Instrucións liña de subvencións Consolida Cambre

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.