Unha avanzada de romanos adiántase á VI Galaicoi e inicia a invasión do castro de Cambre

13 Xul 2023

O castro de Cambre foi conquistado, esta mañá, por unha primeira avanzada de romanos. As tropas estaban conformadas polos alumnos e alumnas da escola infantil A Fraga Encantada, que se desprazaron ata a zona do Museo Arqueolóxico de Cambre e ao castro para facer unha primeira inspección do terreo. Os pequenos romanos foron recibidos polo alcalde, Óscar García Patiño, e polo concelleiro de Turismo e Patrimonio, Ramón Boga.

Os nenos e nenas foron caracterizados con traxes confeccionados por eles mesmos a través de materiais reciclados. Por exemplo, para elaborar os colares baleiraron e aplanaron cápsulas de café, dándolles forma de chapa e uníndoas ata formar o colgante.

Ao comezo da visita, os nenos e nenas recibiron unha pequena explicación sobre o pasado de Cambre, así como sobre os vestixios que os romanos deixaron no municipio e que se atopan no Museo Arqueolóxico. A continuación, desprazáronse ata o castro, onde completaron a invasión da vila de Cambre.

Todo antes do arranque da Galaicoi, que terá lugar mañá, venres 14 de xullo, a partir das 17.00 horas. Prevese que o inicio das hostilidades entre os castrexos e os romanos comece ás 17.30 horas.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.