Vila Concepción – Casa da Cultura

Horario:
De luns a venres:  de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.
Sábados: pechada

(A Casa da Cultura permanecerá pechada durante o mes de agosto e do 20 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos inclusive)
Teléfono: 881917432

 

O edificio
A edificación corresponde a un estilo ecléctico, inspirado nas vilas de fin de século de tradición francesa. Foi construída a finais do século XIX, e según se recolle no programa de análise e diagnose elaborado por unha empresa de estudios técnicos de restauración, foi adquirida pola familia Fernández –López, para estancia veraniega e repouso dunha das súas fillas, Concepción, á quen se debe o nome da Vila.
O inmoble pertenceu á mesma familia dende a súa construción ata o ano 2003, e se ben non existen referencias ó proxecto orixinal, os descendentes recordan referencias a un arquitecto francés ou de influencia francesa. Nesta época traballou en Galicia o arquitecto Michel Pacewicz, facendo obras dun estilo similar, aínda que non temos constancia de que fora o autor do proxecto.

Existen uns planos da edificación que datan de 1948 e que se supoñen levantados polo arquitecto Joaquin Riveiro López, fillo de dona Concepción, onde se aprecia que na edificación non hai cambios significativos dende entón.

A finca orixinal tiña unha superficie de 5.292m2, ocupado pola vivenda e edificios anexos para cabaleirizas e cocheiras. Posteriormente construíronse unha piscina e unha pista de tenis. Actualmente e como consecuencia do acordo entre o anterior propietario e a nova promotora, a superficie da parcela quedou reducida a 1.162,55 m2, as edificacións auxiliares desapareceron e no seu lugar construíuse un edificio de vivendas. O xardín foi destruído, eliminándose as árbores centenarias e urbanizando a parcela cun tratamento urbano pouco adecuado.

Restauración
O proxecto tivo por obxecto reformar un edificio construído para uso residencial para adaptalo ó uso público de Casa da Cultura. As intervencións propostas teñen a intención de respectar o máximo o carácter do edificio orixinal, tanto nos seus sistemas construtivos e de acabados como na distribución dos seus espazos, garantindo á vez o cumprimento esixido pola normativa de aplicación para o novo uso.

Actualidade
A superficie de Vila Concepción supera os 600 metros cadrados e consta de tres plantas que albergarán as dependencias entre as que destaca a ludoteca, biblioteca, sala de lectura, sala de exposicións, sala de video, cafetería e un taller para actividades. O inmueble, que conta ademais con zonas verdes, está catalogado como edificio singular.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.