Xogos tradicionais, reciclados e campionatos castrexos: así será a oferta infantil da VI Galaicoi

7 Xul 2023

Os nenos e nenas de Cambre tamén deberán elixir bando na VI Romaría Castrexo-Romana Galaicoi. O Concello conta, cada ano, cunha oferta específica para os pequenos e pequenas que, nesta ocasión, incluirá estacións con xogos tradicionais e reciclaxes e tamén campionatos castrexos con diferentes probas físicas. Con estas actividades, búscase un dobre obxectivo: por unha banda, achegar a historia e o patrimonio de Cambre aos nenos e nenas e, polo outro, incidir e fomentar a sustentabilidade e a reciclaxe entre as novas xeracións.

As propostas infantís comezarán o propio venres pola tarde e prolongaranse ao longo de toda a fin de semana. En canto aos horarios, as estacións de xogo e atraccións estarán dispoñibles o venres ata as 22.00 horas e o sábado e o domingo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas. Os campionatos castrexos arrincarán tamén o propio venres, pola tarde, e continuarán o sábado e o domingo, de 12.00 a 15.00 horas e de 18.00 a 22.00 horas (realizándose cada hora, aproximadamente).

As estacións de xogo contarán cun crebacabezas humano, unha corda de reos, terni lapili (unha especie de tres en raia), xogos de construción, vestir ao lexionario, arqueoloxía, tiro con arco, instrución de lexionarios, o labirinto, a carretilla, unha mariola romana, tiro de soga, puntería con lanzas, a corda, tiracroios etc.

Campionatos castrexos (Xogos Olímpicos)
As estacións de xogo contarán cun crebacabezas humano, unha corda de reos, terni lapili (unha especie de tres en raia), xogos de construción, vestir ao lexionario, arqueoloxía, tiro con arco, instrución de lexionarios, o labirinto, a carretilla, unha rayuela romana, tiro de soga, puntería con lanzas, a corda, tiracroios etc.

Todas las actividades realizaranse no propio Castro e contarán coa supervisión de monitores especializados.

Tamén che pode interesar