Cambre consegue unha axuda estatal coa que automatizará a tramitación de subvencións municipais

5 Xuñ 2023

O goberno local continúa dando pasos para modernizar e dixitalizar a Administración local. Algo que se conseguirá cunha axuda do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Política Territorial de 108.053 euros que se lle acaba de conceder ao Concello de Cambre. A contía utilizarase, integramente, para automatizar a tramitación de subvencións municipais. A concelleira de Economía, Facenda e Recursos Humanos en funcións, María Pan Lesta, sinala que esta axuda “é unha oportunidade para cumprir cun compromiso que se adquiriu, no 2022, coas entidades receptoras das subvencións do Concello e coa que conseguiremos axilizar a tramitación para as entidades e, ademais, reducir a carga de traballo do persoal municipal”.

No 2022, algunhas entidades solicitantes sufriron un atraso no pago das axudas municipais polos tempos de tramitación. A previsión do Concello é implementar un novo sistema apoiándose en dúas tecnoloxías: RPA (robótica de procesos de automatización) e BMP (xestión de procesos). Estas dúas ferramentas reducirán os tempos de tramitación e mellorarán, por tanto, o servizo á cidadanía.

Por unha banda, a RPA permitirá validar automaticamente os datos das solicitudes para asegurarse de que están completos e son válidos. Ademais, con esta tecnoloxía poderanse organizar os datos de forma automática e enviar notificacións ás persoas solicitantes para informarlles do estado da súa solicitude ou para lembrarlles a necesidade de realizar certas accións. En canto ao BPM, este definirá o proceso de baremación das solicitudes, permitirá a automatización de moitas das tarefas asociadas coa baremación (verificación de que a solicitude está completa, validez de cada rexistro, aplicación de regras e criterios, etc.), e facilitaría o labor dos técnicos municipais á hora de tomar decisións máis informadas e xusta sobre a resolución das axudas.

O novo sistema aumentará, por tanto, a eficiencia no proceso de tramitación de subvencións, mellorará a calidade do proceso (reducindo erros e garantindo unha maior precisión) e reducirá o tempo de tramitación. Así mesmo, reducirá a carga de traballo dos técnicos municipais.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.