Programa municipal de lecer e diversidade funcional
Que é?
Consiste nun programa que ofrece alternativas de lecer variadas tanto recreativas, culturais, deportivas, turísticas, ambientais…., dirixido a persoas con diversidade funcional.
O lecer é un pilar fundamental da sociedade actual e na vida de calquera persoa. As persoas con diversidade funcional teñen a necesidade de disfrutar o seu tempo de lecer participando en todo tipo de actividades. A través do lecer, atópanse espazos, tempos e recursos que permiten mellorar as habilidades sociais, de autonomía, de maduración persoal e consecuentemente a calidade de vida das persoas con diversidade funcional. Asimismo cumpre unha función importante a nivel familiar, xa que supón un recurso de respiro familiar.
Quen o pode solicitar?
Prioritariamente persoas con discapacidade psíquica/ intelectual recoñecida mediante certificado de minusvalía e empadroadas no municipio de Cambre con idades comprendidas entre os 18 e 60 anos.
Dende o equipo técnico de servizos sociais comunitarios poderá valorarse a admisión doutros participantes con outro tipo de discapacidades e/ou de idades comprendidas entre os 16 e 18 anos sempre e cando se considere, por parte dos profesionais, como un recurso idóneo, tras a correspondente valoración.
Documentación a achegar
– Folla de inscrición (link a solicitude)
Debe presentarse a folla de inscrición debidamente cumprimentada achegando a seguinte documentación:
-DNI.
-Certificado do grao de discapacidade da persoa participante.
-Informe médico no que se declare que se atopa nun estado de saúde óptimo para participar no programa de lecer e diversidade funcional (saídas culturais, recreativas, excursións, actividades deportivas…
Cómo solicitar ou subsanar a solicitude xa presentada.
A solicitude e documentación indicadas no apartado anterior, deberán ser presentadas en calquera dos rexistros municipais ou por sede electrónica nos enderezos:
- Sede electrónica do Concello de Cambre: https://sede.cambre.es
- Rexistro Electrónico Común (REC): https://rec.redsara.es
De non achegarse á solicitude a documentación necesaria, ou se a presentada non reúne os requisitos esixidos, requirirase ao interesado para que no prazo de 10 días hábiles,subsane as omisións observadas ou acompañe os documentos preceptivos. Para este trámite usarase unha solicitude xeral. (link a solicitude)
Cómo renunciar a unha solictude de axuda xa presentada
Para renunciar a unha solicitude en tramitación será preciso que se realice por rexistro na forma establecida no apartado anterior. Para este trámite usarase unha solicitude xeral. (link a solicitude)
Prezo
Prazo de presentación
O prazo de admisión para os participantes estará aberto durante a primeira quincena de febreiro de cada anualidade.
Condicións
No caso de existir máis solicitudes que prazas, presentadas dentro do prazo establecido, realizarase un sorteo no departamento de servizos sociais comunitarios. Do sorteo daráse debida información e publicidade, realizándose coa asistencia mínima do persoal técnico e da coordinadora de servizos sociais ou persoa en quen delegue.
As persoas solicitantes que non obteñan praza pasarán a formar a listaxe de agarda. De existir solicitudes fóra de prazo, incluiranse por rigoroso orde de recepción na listaxe de agarda, a continuación das recibidas en prazo.
Obradoiros de prevención socioeducativa
Que son?
Defínense como un espazo socioeducativo que posibilita actuacións e recursos, aos menores e as familias que se atopan nunha situación de risco ou desventaxa social, co fin de acadar un desenvolvemento integral a todos os niveis tanto persoal, familiar, educativo, como social.
Promóvese o reforzo das habilidades básicas instrumentais e das materias académicas xunto con outros contidos socioeducativos (promoción da saúde, habilidades socias e persoais, educación en valores, resolución de conflitos, educación emocional, igualdade de xénero, coeducación…….).
Execútanse durante o periodo escolar, de outubro a xuño, formándose 3 grupos de luns a xoves cun total de 4 horas por grupo á semana
No verán realízase un grupo no mes de agosto dirixido únicamente ao alumnado da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria).
Nº de prazas: 15 prazas máx. por grupo.
Quen os pode solicitar?
Familias con menores empadroados e escolarizados en Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), que se atopen nunha situación de risco e/ou vulnerabilidade valorada e recoñecida polo equipo técnico-profesional dos servicios sociais comunitarios básicos.
Documentación a achegar
– Solicitude xeral (link a solicitude)
Na solicitude debe especificarse o nome e apelidos, idade, curso escolar e centro no que está escolarizado o menor.
Documentación necesaria: DNI do pai/nai, titor/titora legal do menor ; DNI do menor
Cómo solicitar ou subsanar a solicitude xa presentada.
A solicitude e documentación indicadas no apartado anterior, deberán ser presentadas en calquera dos rexistros municipais ou por sede electrónica nos enderezos:
- Sede electrónica do Concello de Cambre: https://sede.cambre.es
- Rexistro Electrónico Común (REC): https://rec.redsara.es
De non achegarse á solicitude a documentación necesaria, ou se a presentada non reúne os requisitos esixidos, requirirase ao interesado para que no prazo de 10 días hábiles,subsane as omisións observadas ou acompañe os documentos preceptivos. Para este trámite usarase unha solicitude xeral. (link a solicitude)
Cómo renunciar a unha solicitude de axuda xa presentada
Para renunciar a unha solicitude en tramitación será preciso que se realice por rexistro na forma establecida no apartado anterior. Para este trámite usarase unha solicitude xeral. (link a solcitude)
Prezo
De balde.
Prazo de presentación
O prazo de admisión dos participantes estará aberto durante a segunda quincena de setembro de cada curso escolar, permanecendo aberto todo o curso ata cubrir o máximo de prazas por grupo.
Para o grupo do mes de agosto, o prazo de admisión será durante a primera quincena do mes de xullo, estando aberto todo o mes ata cubrir o máximo de prazas.
Igualdade e prevención
Que é?
Quen o pode solicitar?
Documentación a achegar
– Solicitude xeral (link a solicitude)
Cómo solicitar ou subsanar a solicitude xa presentada.
A solicitude e documentación indicadas no apartado anterior, deberán ser presentadas en calquera dos rexistros municipais ou por sede electrónica nos enderezos (link a sedes?):
Sede electrónica do Concello de Cambre: https://sede.cambre.es