Manolo Mesa
A súa actividade artística inspírase nos costumes dos lugares onde pinta: conversa, investiga sobre as historias e tradicións de cada lugar para tentar manter vivas as tradicións que cada día perden máis peso. Traspasa a memoria colectiva aos muros dos lugares onde plasma a súa actividade creadora.
Yoseba MP (Cambre)
Yoseba Muruzabal, nacido en Cambre, é un dos máximos exponentes da pintura contemporánea galega. O seu estilo realista proxecta esceas cotiáns cunha forte influenza fotográfica. A súa temática “fenómenos do rural” amosas as nosas avoas que se converter en heroínas con poderes sobrehumáns, como homenaxe á muller galega, figura indispensable, auténtico motor da nosa pequena historia.
NOVE NOEL (Galiza)
Para este pintor-muralista, o mural é unha ferramenta de comunicación moi potente: transforma lugares deteriorados e, sobre todo, busca expresar ideas e sensacións. Cercano ás viñetas dos cómics, non se pecha a ningunha temática, aínda que as súas intervencións se caracterizan pola libertade absoluta.
JAZ – FRANCO FASOLI (Arxentina)
Con un amplio historial artístico, con incursións na pintura, escultura e cerámica, o traballo deste autor desenvólvese a través de metáforas: rituais, animais humanizados ou individuos deshumanizados… O seu quefacer artístico é así unha exploración das identidades, contraculturas e subculturas das cidades polas que pasa deixando pegada.
ALEGRIA DE PRADO (México-España)
Dúo artístico formado por Octavio Alegría e Ester González, demostran un fino dominio da ilustración cunha excelente técnica de debuxo. A súa temática en Cambre achéganos ao que poderíamos alcumar como un certo “realismo máxico”, e dicir, a creación de mundos oníricos cheos de simbolismos. Apelan, co seu traballo, a unha chamada de esperanza, de harmonía co mundo, cos infinitos ciclos da natureza, para defender a igualdade entre todos os seres vivos.
SLIM SAFONT (Barcelona)
A obra deste autor céntrase en murais e intervencións artísticas en espazos públicos, cun sentido realista, destacando toda unha homenaxe ao lugar e ás persoas que habitan eses espazos. O seu interese é a vida cotián, aquelas situacións significativas ou representativas do contexto social no que traballa.
ZÉSAR BAHAMONDE (Sevilla)
A súa obra caracterízase polos personaxes coloridos e positivos, en contraposición cun mundo cada vez menos humán. Sempre intenta unha conexión entre os persoeiros por medio cores vibrantes e formas lixeiras e dinámicas.
WEDO-EDGAR GOÁS (Galiza)
Edgar Goás Blanco (As Pontes-Barcelona) desenvolve, entre os seus temas favoritos, unha especial sensibilidade cara ao medioambiente, a crítica á sociedade de consumo e/ou á exaltación da diversidade cultural. En suma, a súa excelente obra muralística amosa e demostra unha especial querencia e mirada crítica á sociedade na que vivimos.
GRI170 (Barcelona)
A obra deste xenial muralista caracterízase polo emprego de letras e números, por personaxes de ollos saltóns, de estaturas sobresaíntes e trazos de liña grosos…, rasgos todos eles que definen o seu particular estilo. Interésalle a vida na periferia das grandes cidades, a estética urbana actual, pero co horizonte das orixes onde comenzou todo.
SEKONE (Galicia)
A obra deste gran artista e creador está a cabalo do debuxo, a pintura, o deseño gráfico e o muralismo. A nostalxia, o absurdo, o cotián e a súa experiencia creativa, son os motores deste inusual e xenial pintor.
Mr. THOMS (Italia)
Diego della Posta é un dos muralistas mais influíntes no panorama actual. A súa mirada pictórica intenta personalizar as formas arquitectónicas das rúas por medio da perspectiva xeométrica como punto de partida para a creación de lenzos urbáns. O mural, para Thoms, debe transmitir unha mensaxe potente, non só debe ser unha cousa bonita.
RU8ICON-JEF McCREIGHT (USA)
A obra do muralista Jeff MacCreight caracterízase pola elaboración de murais figurativos nos que representa momentos específicos, instantes capturados no tempo antes de esvaerse… A temática predilecta é humanista e adoita xerar a empatía e a nostalxia pola condición humana que nos conecta a todos.
SOKRAM (Galiza)
Natural de Ordes, multifacético creador (deseño gráfico, arte mural, ilustración, audiovisual, creador musical…) converteuse nos últimos anos nun verdadeiro impulsor-axitador da arte urbana galega. O seu interese fala do equilibrio vital, apostando por espazos ingrávidos. Os elementos simbólicos, de vivos cores, desenvólvese sempre a través dun fío condutor que abraza os diversos elementos que compoñen a obra, doutro xeito inconexos entre sí.
ANIMALITOLAND (Arxentina)
Ilustradora autodidacta, creou o seu propio universo visual de fantasía. O muralismo é o seu lugar propio: aí pode expresar e crear libremente a través de diferentes técnicas e estilos. Os personaxes que plasma nas paredes sempre emanan luz: a finalidade da súa obra (con tenros protagonistas) é transmitir a positividade dotando, ao mesmo tempo, de beleza os espazos olvidados e degradados.
IRIA FAFIÁN (Galiza)
A través do muralismo, a ilustradora Iria Fafián, plasma nas paredes imaxes misteriosas, bosques brumosos… Explora un mundo de personaxes como si fosen deuses ou demos ocultos na floresta, na “vexetación do inconsciente”. A súa depurada técnica de ilustradora advírtese nos seus murais, que sempre recordan a inmediatez da mensaxe que proporcionan as viñetas.
VIVIANA LUCISSANO E TOPE RODRÍGUEZ
O seu traballo en Cambre optou por integrar nun espazo urbano o ambiente natural da Fraga de Cecebre. Con un perfecto traballo en equipa e a colaboura de tres pequenos crreadores, estes artistas conseguiron converter un espazo anodino e mais ou menos degradado nun verdadeiro paraxe natural no que os cores e as formas naturais o dotan dunha nova vida.
NIN9 (Galiza)
Baixo a influenza incuestionable de Bansky, a través de deseños con plantillas, este estraordinario creador busca plasmar algo gráfico nunha superficie, logo de breves contactos e de dar forma ás ideas, ata o resultado final. Considera que a técnica a través de plantillas segue un rumbo creativo novo: combinando técnicas e levándoo ata límites insospeitados…, sen esgotar a aplicación das novas tecnoloxías.