Ruta Cromático Mural-Fest

Manolo Mesa

A súa actividade artística inspírase nos costumes dos lugares onde pinta: conversa, investiga sobre as historias e tradicións de cada lugar para tentar manter vivas as tradicións que cada día perden máis peso. Traspasa a memoria colectiva aos muros dos lugares onde plasma a súa actividade creadora.

Yoseba MP (Cambre)

Yoseba Muruzabal, nacido en Cambre, é un dos máximos exponentes da pintura contemporánea galega. O seu estilo realista proxecta esceas cotiáns cunha forte influenza fotográfica. A súa temática “fenómenos do rural” amosas as nosas avoas que se converter en heroínas con poderes sobrehumáns, como homenaxe á muller galega, figura indispensable, auténtico motor da nosa pequena historia.

 

 

NOVE NOEL (Galiza)

Para este pintor-muralista, o mural é unha ferramenta de comunicación moi potente: transforma lugares deteriorados e, sobre todo, busca expresar ideas e sensacións. Cercano ás viñetas dos cómics, non se pecha  a ningunha temática, aínda que as súas intervencións se caracterizan pola libertade absoluta.

JAZ – FRANCO FASOLI (Arxentina)

Con un amplio historial artístico, con incursións na pintura, escultura e cerámica, o traballo deste autor desenvólvese a través de metáforas:  rituais, animais humanizados ou individuos deshumanizados… O seu quefacer artístico é así unha exploración das identidades, contraculturas e subculturas das cidades polas que pasa deixando pegada.

ALEGRIA DE PRADO (México-España)

Dúo artístico formado por Octavio Alegría e Ester González, demostran un fino dominio da ilustración cunha excelente técnica de debuxo. A súa temática en Cambre achéganos ao que poderíamos alcumar como un certo “realismo máxico”, e dicir, a creación de mundos oníricos cheos de simbolismos. Apelan, co seu traballo, a unha chamada de esperanza, de harmonía co mundo, cos infinitos ciclos da natureza, para defender a igualdade entre todos os seres vivos.

SLIM SAFONT (Barcelona)

A obra deste autor céntrase en murais e intervencións artísticas en espazos públicos, cun sentido realista, destacando toda unha homenaxe ao lugar e ás persoas que habitan eses espazos. O seu interese é a vida cotián, aquelas situacións significativas ou representativas do contexto social no que traballa.

ZÉSAR BAHAMONDE (Sevilla)

A súa obra caracterízase polos personaxes coloridos e positivos, en contraposición cun mundo cada vez menos humán. Sempre intenta unha conexión entre os persoeiros  por medio cores vibrantes e formas lixeiras e dinámicas.

WEDO-EDGAR GOÁS (Galiza)

Edgar Goás Blanco (As Pontes-Barcelona) desenvolve, entre os seus temas favoritos, unha especial sensibilidade cara ao medioambiente, a crítica á sociedade de consumo e/ou á exaltación da diversidade cultural. En suma, a súa excelente obra muralística amosa e demostra unha especial querencia e mirada crítica á sociedade na que vivimos.

GRI170 (Barcelona)

A obra deste xenial muralista caracterízase polo emprego de letras e números, por personaxes de ollos saltóns, de estaturas sobresaíntes e trazos de liña grosos…, rasgos todos eles que definen o seu particular estilo. Interésalle a vida na periferia das grandes cidades, a estética urbana actual, pero co horizonte das orixes onde comenzou todo.

SEKONE (Galicia)

A obra deste gran artista e creador está a cabalo do debuxo, a pintura, o deseño gráfico e o muralismo. A nostalxia, o absurdo, o cotián e a súa experiencia creativa, son os motores deste inusual e xenial pintor.

Mr. THOMS (Italia)

Diego della Posta é un dos muralistas mais influíntes no panorama actual. A súa mirada pictórica intenta personalizar as formas arquitectónicas das rúas por medio da perspectiva xeométrica como punto de partida para a creación de lenzos urbáns. O mural, para Thoms, debe transmitir unha mensaxe potente, non só debe ser unha cousa bonita.

RU8ICON-JEF McCREIGHT (USA)

A obra do muralista Jeff MacCreight caracterízase pola elaboración de murais figurativos nos que representa  momentos específicos, instantes capturados no tempo antes de esvaerse… A temática predilecta é humanista e adoita xerar a empatía e a nostalxia pola condición humana que nos conecta a todos.

SOKRAM  (Galiza)

Natural de Ordes, multifacético creador (deseño gráfico, arte mural, ilustración, audiovisual, creador musical…) converteuse nos últimos anos nun verdadeiro impulsor-axitador da arte urbana galega. O seu interese fala do equilibrio vital, apostando por espazos ingrávidos. Os elementos simbólicos, de vivos cores, desenvólvese sempre a través dun fío condutor que abraza os diversos elementos que compoñen a obra, doutro xeito inconexos entre sí.

 ANIMALITOLAND (Arxentina)

Ilustradora autodidacta, creou o seu propio universo visual de fantasía. O muralismo é o seu lugar propio: aí pode expresar e crear libremente a través de diferentes técnicas e estilos. Os personaxes que plasma nas paredes sempre emanan luz: a finalidade da súa obra (con tenros protagonistas) é transmitir a positividade dotando, ao mesmo tempo, de beleza os espazos olvidados e degradados.

IRIA FAFIÁN (Galiza)

A través do muralismo, a ilustradora Iria Fafián, plasma nas paredes imaxes misteriosas, bosques brumosos… Explora un mundo de personaxes como si fosen deuses ou demos ocultos na floresta, na “vexetación do inconsciente”. A súa depurada técnica de ilustradora advírtese nos seus murais, que sempre recordan  a inmediatez da mensaxe que proporcionan as viñetas.

VIVIANA LUCISSANO E TOPE RODRÍGUEZ

O seu traballo en Cambre optou por integrar nun espazo urbano o ambiente natural da Fraga de Cecebre. Con un perfecto traballo en equipa e a colaboura de tres pequenos crreadores, estes artistas conseguiron converter un espazo anodino e mais ou menos degradado nun verdadeiro paraxe natural no que os cores e as formas naturais o dotan dunha nova vida.

NIN9 (Galiza)

Baixo a influenza incuestionable de Bansky, a través de deseños con plantillas, este estraordinario creador busca plasmar algo gráfico nunha superficie, logo de breves contactos e de dar forma ás ideas, ata o resultado final. Considera que a técnica a través de plantillas segue un rumbo creativo novo: combinando técnicas e levándoo ata límites insospeitados…, sen esgotar a aplicación das novas tecnoloxías.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.