Festival Rock in Cambre

O noso municipio ten o honor de contar dende hai case tres décadas cun dos poucos festivais gratuitos que se celebran na comarca. Ten a particularidade de que naceu do pobo e para o pobo grazas a iniciativa dos que hai tantos anos eran uns mozos amantes do rock polo noso escenario desfilaron os grupos máis relevantes a nivel nacional e internacional sen esquecer que pretende ser un impulso para as bandas locais que poden amosar o seu talento mentres seguen a soñar con acadar a fama.

Ao longo das pasadas edicións tocaron para nós e aqueles que nos visitan, entre outros: M-Clan (1999), Los Enemigos (2000), Platero y tú (2001), Siniestro Total (2002), Rosendo (2003), Reincidentes (2004), Los Suaves (2005), Barricada (2006), Loquillo (2007), Deluxe y Burning (2008), Def con Dos (2009), Barón Rojo (2010) y Mago de Oz (2011).

O Campo da Feira de Cambre énchese cada mes de agosto co potente sonido de guitarras e baterías. O que complementamos de maneira recente con todo tipo de actividades educativas e formativas orientadas en especial a que os máis pequenos coñezan e desfruten da música rock.