Cabalgata de Reis

A ilusión dos máis pequenos así como o importante número de nenos e nenas que residen no municipio explica o esforzo e cariño que se adica a esta primeira festa do ano.
Coa finalidade de mellorar a cercanía aos pequenos á tradicional Cabalgata únese agora un percorrido matutino ao longo do Concello co gallo de que ningúen quede sen ver as Súas Maxestades de Oriente e sen desfrutar da fantasía desta xornada máxica.
A Cabalgata inicíase tradicionalmente en torno ás 18:00 horas e atravesa os tres núcleos urbanos do municipio: O Temple (de onde parte a Comitiva Real), A Barcala e Cambre (onde se celebra a recepción Real).
Xunto coas carrozas tradicionais nas que se desprazan Melchor, Gaspar e Baltasar acompañados polos seus paxes desfilan un séquito de xinetes, ciclistas e veciños/as que veñen tamén cargados de agasallos.
A xornada remata nunha gran festa familiar onde os pequenos e pequenas expresan os seus desexos aos Reis, xogan, cantan, bailan e desfrutan dun chocolate ben quentiño.