As construccións adxetivas

CONSTRUCIÓNS ADXETIVAS

A casa labrega, a casa dos nosos mais antigos e incluso dos nosos modernos antepasados, configurouse a partir das relacións que mantiveron coa terra. A casa é todo un universo completo, un pequeno cosmos ordenado, resultado dun sistema económico pechado no que está representada a absoluta totalidade das actividades do proceso produtivo e do consumo familiar.

O labrego galego era un auténtico arquitecto: construíu toda unha serie de edificacións adxetivas ou complementarias que veñen a ser unha prolongación da vivenda ao estar íntimamente relacionadas coa súa economía a saber,  áreas de almacenamento, transformación e elaboración.

Entre as construcións adxetivas mais singulares podemos destacar as sequintes: Os Alpendres, os lugares de almacenamento mais comúns e universais. Consistían nunha cuberta de tella apoiada en columnas e servía para gardar os carros, os apeiros de labranza; tamén podían servir para gardar a leña, como palleiro, galiñeiro, obradoiro de diversas actividades… As Eiras eran espazos para trillar ou mallar o trigo, as fabas e podían estar empedradas. Os Hórreos son construcións illadas case sempre con planta rectangular, estreitos con cepas ou columnas de granito que os separa da humidade e protexe dos roedores. Serven para almacenar e secar os grans. Os Fornos estaban case sempre no interior das casas: consistían nunha cámara de planta circular e, no exterior, con forma de ábsida.

De granito e tixolo para cocer o pan. As Palleiras servían para almacenar a palla en corpos elevados do chan por medio de entarimados de madeira. As cubertas eran de palla e moi picudas. Os Pombais, case sempre asociados a casas grandes, pazos ou mosteiros (pero ás veces nos faiados ou nos portalóns), tiñan forma cilíndrica con muros de mampostería revocados con barro encalado e cuberta cónica. As Cortes para o gando (sobre todo vacún) ocupaban gran parte da planta baixa da casa, debaixo das habitacións. Proporcionaba esterco e calor. Os Muíños podían ser familiares ou comunais. Adoitaban ser de mampostería de pouca calidade. A planta adoitaba ser rectangular e no interior atópase o mecanismo coas moas.

Nun percorrido por calquera dos currunchos das nosas parroquias poderemos observar a enorme e diversa variedade das construcións adxetivas que aínda se están a conservar e que mostran un xeito de vida e de relacións sociais que xa desapareceron e que non debemos olvidar.

ALGÚNS HÓRREOS

Hórreos de madeira

Hórreos mixtos

Hórreos cantería

Hórreos cemento

OS MUÍÑOS 

Os muíños son unha das mostras de arquitectura popular que máis abonda no noso país, sobre todo porque están unidos a un alimento básico: o pan. Así mesmo a rede fluvial galega favorece este tipo de construcións, posto que se emprega a auga como forza motriz.

Básicamente distínguense dous grandes tipos de muíños: os muíños de río e os muíños de marea. Entre os muíños de río, tendo en conta diversos criterios de clasificación, hai dúas variantes xerais a saber, os de rodicio (roda horizontal) e os de acea ou bruía (roda vertical ou “nora”). Dentro da tipoloxía dos muíños de rodicio, existen tamén varias clases en virtude do xeito en que a auga chega ao muíño: muíños de canle, muíños de pozo ou cubo e muíños de caldeira.

No Concello de Cambre abunda unha estimable variedade tipolóxica de muíños fariñentos: de rodicio e caldeira (muíño dos Galiñeiros e muíños de Cambre), de bruia (muíño de Peiraio) e de marea (acea da Barcala). En xeral caracterízanse por ser de gran tamaño (habitualmente cun andar), adoitan servir de residencia habitual, teñen máis dunha roda e poden moer durante unha boa parte do ano.

No resto dos ríos de Cambre (Brexa, Valiñas e Gándara) os muíños son sinxelos de roda horizontal, normalmente de planta rectangular, fábrica de mampostería e cuberta con tella do país. Case todos están abandonados, en ruína e uns poucos reformados mediante construcións modernas.

 

Algúns Muiños

Alpendres

Pallozas

Os fornos

POMBAIS: SIGRÁS, VIGO E BRIBES

Aínda que en Galicia existe un tipo variado de pombais, en Cambre os que se conservan adoptan as seguintes características: corpo cilíndrico de base circular e cuberta cónica con tella local.

Os pombais de Bribes, Sigrás e Vigo, aínda que en diferente estado de conservación, mostran as mesmas características formais: muros de mampostería revocados en cemento e pintados en cor branco, voladizo perimetral (laxes de pizarra que sirven tanto de plataforma para que as pombas inicien o vóo, como para tornar os ratos), nichos para os niños das pombas e unha pequena porta de acceso.

Portalóns