O noso patrimonio

VISITAR Cambre, entrar en Cambre, significa entrar nun mundo marabilloso, inmerso nas raíces máis profundas da historia, a arte e a natureza, onde tradición e modernidade danse a man dunha maneira insólitamente armoniosa.

Os atractivos turísticos, para quen visita Cambre, son moitos e variados: en todas as parroquias pódense atopar elementos singulares de arquitectura civil e relixiosa (igrexas, pazos, vilas ou quintas), etnográfica (fontes, cruceiros), construcións tradicionais, así como  variados e agradables espazos naturais (bosques, ría, río e encoro).

Para aqueles que queiran perderse polos camiños tradicionais de Cambre, dámosvos unha breve información daqueles elementos que é probable que se crucen no voso camiño. Para aqueles viaxeiros curiosos son estas liñas, palabras que pretenden axudar a comprender a paisaxe natural e humano do noso Concello, paisaxes que aínda poden sorprender. Sen dúbida, tras visitar tanto os maiores como os máis humildes recursos, ningún viaxeiro quedará indiferente.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.