Castros

OS CASTROS DE CAMBRE

Cambre é unha terra de Castros, unha terra onde a prehistoria se dá a man de xeito ininterrumpido, ao longo de milenios, coa época contemporánea.

Os Castros de Cambre son recintos amurallados de forma case sempre ovalada ou tendente a circular, ben defendidos con muralla e varias terrazas con terrapléns que os fan case inexpugnables. Sitúanse en outeiros que apenas sobresaen os 100 metros de altitude e,  debido á orografía, con múltiples vales verticais ao cauce principal do río Mero, os castros sitúanse en posición dominante sobre as grandes vías de comunicación ata a época romana.

A xente que vivía nos castros adicábase á agricultura e á gandeiría e, debido aos seus poderosos sistemas defensivos, é moi probable que estivesen sempre preparados para a guerra.

Aínda que nunca se realizou escavación arqueolóxica algunha, os restos en superficie falan de achádegos coma muíños de man, machadas puídas e numerosos restos de cerámica.

Os castros de Cambre son os seguintes: Castromaior (Cambre), Castro de Sigrás, Castro de Armental, Castro da Xoxa, Castro da Mota, Castro de Bribes, Castro de Brandariz (Vigo), Castro de A Pagueira (Brexo), Castro de Lema e Castro de Meixigo.