Entroido

O Entroido Pequeno mais Grande do Mundo

A celebración do Entroido en Cambre afonda as súas raíces na noite dos tempos. O día grande sempre se celebra no Campo da Feira a onde acuden os choqueiros de todas as parroquias da bisbarra: líase o testamento, circulaban coplas burlescas onde se aireaban todos os chismes que aconteceran durante o ano, etc.

A partir da década de 1980 comenzouse a celebrar o sábado, sendo unha data que figura en letras grandes na axenda de todos os veciñ@s.

A festa do Entroido, hoxe en día, fai concurrir en Cambre a todas as parroquias con diversas carrozas, comparsas, disfraces individuais… Como sempre o comer e o beber é unha parte fundamental de toda festa que se precie, e esta non é unha excepción.