Mural Fest

O Cromático Mural-Fest é unha actividade cultural creada e promovida polo Concello de Cambre a través do Departamento de Xuventude. Os seus obxectivos fundamentais inclúen a educación, a creatividade, a estética e a creación dun itinerario cultural para a creación artística.

Educar aos mozos a través do lecer e intentar así promover vocacións artísticas: trátase de que os xóvenes grafiteiros vexan que a efémera actividade creativa do graffiti tamén é unha actividade artística de primeira orde. Deste xeito, foi posible mellorar e revitalizar varias áreas urbanas moi degradadas.

Na actualidade, o visitante pode contemplar unha auténtica pinacoteca ao aire libre, onde se combinan diversos estilos artísticos (realismo, abstracción …), con temáticas que reflicten as preocupacións xerais do noso tempo.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.