Galaicoi

Durante a “romanización” (arredor do cambio de época), Cambre non só foi un lugar de paso para os romanos, senón tamén un lugar de residencia e convivencia cos pobos celtas que vivían nos castros, convivencia que rematou coa aculturación total deses pobos indíxenas.
Os kalaikoi eran guerreiros aborixes famosos pola súa belicidade nas guerras contra os romanos: de aí que tomemos o nome da romaría galaico-romana.
No centro de Cambre sobrevive un importante rastro dos horizontes culturais protagonistas desta historia: o Castro de Castromaior, a vila romana, o Campo da Feira e, como colofón, os restos do mosteiro beneditino de Santa María.
A romaría galaico-romana “Galaicoi” pretende ser un evento que reúna a persoas de todas as idades, onde a caracterización-recreación é un dos maiores recursos. Este aspecto do coñecemento dun tempo que xa non está, vai ligado a outros aspectos non menos importantes: a actividade económica e a recuperación de tradicións (romaría).
No Castro reconstruímos un pobo castrexo; nas rúas dos arredores, un mercado-feira, veremos as lexións romanas …, todo aderezado con diversas actividades como desfiles, guerras, teatro, música, obradoiros, xogos tradicionais, xogos olímpicos, etc.
Unha declaración de guerra entre os romanos e os castrexos da comezo ao evento, e o último día, ten lugar a sinatura da paz, que culmina tres días de festas.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.