PREVENCIÓN:
Evite almacenar combustibles innecesarios (pinturas, mobles?)
Non aproxime estufas e braseiros a cortinas, camas, mobles.
Non coloque pezas sobre radiadores eléctricos.
Non fume en cama e menos aínda cando manipule produtos inflamables.
Apague ben as cabichas mollándoas.
Manteña limpa a campá extractora.
Non sobrecargue enchufes nin realice unións improvisadas.
Peche a chave de paso do gas cando saia de casa e de noite.
ACTUACIÓN:
Se descobre un incendio pequeno, procure apagalo se é posible. En caso contrario chame inmediatamente ao 112.
Se non hai fume na escaleira, Non use o ascensor e baixe pegado á parede.
Se hai fume e está atrapado, peche portas e xanelas, coloque trapos húmidos nas rendixas e fágase ver pola xanela.
Se hai fume, avance agachado e protexa o seu nariz e boca cun pano.
Se arde un sólido (madeira, cartón?) tente apagalo cunha escoba mollada, tapándoo cunha manta ou utilizando un extintor.
Se arde un líquido en recipiente (aceite en tixola) tape o recipiente e sepáreo do lume. Nunca botar auga.
Se arde un escape de gas, corte o paso coa chave e ventile.
Se hai lume ou fume detrás da porta dunha habitación mantéñaa pechada, bótelle auga e tape as posibles entradas de fume con trapos mollados. Fágase ver pola xanela.