Competencias e funcións Protección civil

O Concello de Cambre por ter máis de 20.000 habitantes, ten as seguintes competencias en materia de protección civil e xestión de emerxencias:

– crear o servizo municipal de protección civil e xestión de emerxencias.

– crear o servizo de prevención, extinción de incendios e salvamento consonte o establecido na lexislación de réxime local e de protección civil.

– elaborar e aprobar o plan de emerxencia municipal, os plans de actuación municipais e, en xeral, calquera outro instrumento de planificación de protección civil no ámbito municipal.

– colaborar na recollida e na transmisión á Axencia Galega de Emerxencias de datos e información relevantes para a protección civil.

– elaborar os inventarios de riscos e o catálogo de recursos municipais en situacións de emerxencia.

– por a disposición da autoridade que exerza as funcións de dirección e coordinación de cada emerxencia os medios e os recursos disponibles da súa titularidade que figuren nos plans correspondentes ou que lles fosen requiridos.

– fomentar os programas municipais de previsión e prevención, coa promoción de campañas e programas de sensibilización á poboación, a divulgación dos medios de autoprotección e a realización de prácticas e simulacros de protección civil.

– promover, en colaboración coa Xunta de Galicia, a organización e funcionamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC).

As tarefas deste Servizo Municipal, van encamiñadas en maior medida, á PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN e en menor medida á PREVISIÓN e PLANIFICACIÓN.

1.- Tarefas de previsión.
Imprica o estudio dos riscos que poidan afectar ao municipio, os efectos destes riscos, así como o territorio e os elementos que poidan verse afectados:

a) Consulta da previsión meteorolóxica e alertas activadas.

b) Identificar zonas con risco de: xeadas, anegamentos, inundacións e temporais no municipio de Cambre.

2.- Tarefas de prevención.
Corresponden á implantación do conxunto de medidas e actuacións encamiñadas á evitar ou diminui-las situacións de risco:

a) Colaboración e participación na elaboración do Plan de Emerxencia Municipal, e Plans de actuacións municipais, e en xeral, calquera outro instrumento de planificación de protección civil no ámbito municipal.

b) Participar na elaboración da normativa local en materia de emerxencias e protección civil.

c) Elaborar propostas para a firma de convenios que melloren as prestacións do servizo.

d) Firma do convenio coa Consellería do Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de 2 camións motobomba.

e) Elaborar propostas para corrixir deficiencias observadas que podan supoñer un risco evidente.

f) Control e revisión do funcionamento da estación de Bombeo en O Caneiro.

g) Botar sal en estradas municipais con risco de xeada.

h) Control do paso de peóns nas entradas e saídas dos Centros Escolares.

i) Asistir e colaborar con motivo de actos ou eventos que supoñan un risco importante para as persoas e/ou bens.

j) Convocatoria de cursos de formación para o persoal do servizo profesional e voluntario.

k) Proposta de cursos de formación a través de entidades públicas e privadas.

l) Manexo e mantemento de maquinaria, ferramenta e útiles empregados no servizo.

m) Conducción e mantemento de vehículos do servizo (carnet obrigatorio BTP)

n) Inventario de material e existencias

o) Realizar manobras ou exercicios prácticos no parque.

3.- Tarefas de planificación.
Coa consciencia de que aínda que se plasme nun documento, debe ser unha ferramenta organizativa que predetermine as actuacións e procedementos para dar unha resposta ante situacións de risco colectivo e situacións de emerxencia. Estas tarefas continúan indefinidamente no sentido de ter que implantar o previsto nos plans e manter permanentemente a súa eficacia.

a) Elaborar, implantar, manter e revisar o Pemu. Actualmente estase á espera que polo gobernó municipal se defina a estructura organizativa, antes de envíalo á Xunta de Galicia.

b) Elaborar, implantar, manter e revisar os Plans específicos doutros riscos que afecten ao municipio e que non estean previstos nos plans especiais da comunidade autónoma.

c) Colaborar e apoiar na elaboración dos plans de autoprotección dos Centros Escolares. Estase pendente anualmente da revisión dos Plans dos Ceips: Emilio González López, Wenceslao Fdez. Florez, Portofaro e Graxal. Pendente asesoramento para a redacción do Plan no Ceip de Gonzalo Torrente Ballester.

d) Coordinar e participar na realización de exercicios e simulacros relativos aos plans de protección civil municipal.

e) Elaborar e manter actualizado o catálogo de medios e recursos mobilizables.

f) Elaborar e manter actualizado o catálogo da red de hidrantes municipais.

g) Velar pola correcta funcionalidade e o correcto mantemento das infraestructuras asociadas aos plans.

4.- Tarefas de intervención.
Corresponden á actuación inicial en sinistros para protexer ás persoas, bens e ambiente, na forma máis rápida e segura posible, actuando baixo as ordes do seu superior inmediato. Cando os medios municipais non son suficientes, actúase en coordinación co Parque Comarcal de extinción de incendios e salvamento de Arteixo.

a) accidentes en estrada con e sin feridos

b) incendios urbanos e forestais

c) vertidos en estrada (árbores, pedras, terra, aceites …)

d) vertidos por escape de gas

e) anegamentos en estrada e vivendas

f) retirada de elementos urbanos con risco

g) persoa en situación difícil

h) accidentes laborais con rescate

i) busca e rescate de persoas desaparecidas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.