O Paraugas

O Temple.

Fantástica e icónica construción que co paso dos anos converteuse nun referente para Cambre en particular e para toda a área metropolitana en xeral.

Esta curiosa construción, a medio camiño entre a escultura e o pragmatismo máis prosaico, serviu de refuxio da choiva, de zona de descanso dos veciños, de marquesiña para o autobús e mesmo de cuberta para o palco da música nas festas.

A súa construción tivo lugar entre 1945 e 1949, ao tempo que tamén se remataba a nova ponte do Burgo.

Hai uns anos, debido ao estado de deterioro integral, decidiuse facer unha copia exacta, conservando só o banco circular de granito que é a base.