Servidumes aeronáuticas do aeroporto de Alvedro

O Concello de Cambre publica toda a información relativa ás servidumes aeronáuticas do aeroporto de Alvedro.

O Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible habilitou unha sección web na que se poden consultar:

  • Real decreto
  • Memoria xustificativa
  • Planos de superficies afectadas polas servidumes aeronáuticas
  • Plano de municipios afectados

Adicionalmente, desde o Concello publicamos os reais decretos relacionados con esta cuestión.

1. Servidumes aeronáuticas acústicas, mapa de ruído e plan de acción do aeroporto:

2. Modificación das servidumes aeronáuticas do aeroporto:

3. Remisión servidumes aeronáuticas acústicas, mapa de ruído e plan de acción do aeroporto:

A maiores, a través da ferramenta web Plataforma de Informes Urbanísticos (PLINUR), pódese consultar a información en relación coa integración territorial de diversas infraestruturas de transporte aéreo (aeroportos, heliportos e instalacións de navegación aérea).