Arredor de Cambre

Comeza no centro da Vila de Cambre, entre a igrexa románica de Santa María e o Museo do Xacemento romano. Entre urbano e rural, a ruta discorre por algunha das corredoiras máis profundas e antigas que aínda hoxe se están a conservar, xunto aos castros de Cambre e Armental e moi preto do petróglifo da Pena da Nosa Señora.