Descubrindo Cambre

Como se subliña no título deste apartado, trátase de descubrir Cambre, as parroquias, os lugares, as xentes…, desde a perspectiva dos camiños, desde a perspectiva do coñecemento histórico e toponímico. Trátase de andar, de cuidar a saúde…, e ao mesmo tempo trátase de adquirir un coñecemento de casi todo aquilo que vai aparecendo diante dos nosos ollos: as propias vías, as estacións e as sinais. Toda esta información permitiranos coñecer a antigüidade dos nosos camiños, de saber que polo noso territorio e por eses mesmos camiños circularon homes e mercadurías,  os homes da prehistoria, os romanos, as xentes da Idade Media e da Idade Moderna…, ata a época contemporánea, coas modernas estradas asfaltadas que moitas veces se superpoñen como capas de cebola.

Trátase de saber que, aínda que non o pareza, o noso territorio non é natural: tanto para habitar como para cultivar, houbo que abrir camiños, canalizar augas, delimitar parcelas e mover terras e dicir, houbo que construir e alterar o relevo natural superpoñendo a un relevo artificial mais apto para edificacións e cultivos.

Esas edificacións van caracterizar os camiños a van dar pistas sobre os seus trazados: balados, muros, peches, igrexas, pazos, casas tradicionais, fontes, así como a toponimia e a microtoponimia que serán os auténticos fitos interpretadores dos traxectos que propoñemos. 

Así pois, ao transitar polos nosos milenarios camiños, tamén transitaremos pola vía do coñecemento, pois ese é tamén o auténtico camiño.

Anceis, Terra de Condes
Dificultade: Baixa, 1 hora.
Asfalto.
Descargar (pdf)
Andeiro, unha brumosa e lexendaria terra condal
Dificultade: Baixa, 1 hora.
Asfalto.
Descargar (pdf)
Brexo, o encanto das fontes encantadas
Dificultade: Baixa, 1 hora aprox.
Asfalto
Descargar (pdf)
Brexo, pequenos susurros de historia

Dificultade: Baixa, 1 hora aprox.
Asfalto, terra
Descargar (pdf)

Bribes: o val dos encantamentos
Dificultade: Baixa, 1 hora aprox
Asfalto, terra
Descargar (pdf)
Cambre, entre a prehistoria e a modernidade
Dificultade: Baixa, 1 hora aprox.
Asfalto e terra
Descargar (pdf)
Cambre: Rueiros con historia de seu

Dificultade: Baixa, 1 hora aprox.
Asfalto
Descargar (pdf)

Cecebre, o suave silencio das fragas
Dificultade: Baixa, 1 hora aprox.
Asfalto, terra
Descargar (pdf)
Cecebre, o solar dos antepasados
Dificultade: Baixa, 50 minutos
Asfalto.
Descargar (pdf)
Cela: os rumorosos sons da auga
Dificultade: Baixa, 50 minutos
asfalto
Descargar (pdf)
Mercuín, a abafante soidade de San Bieito

Dificultade: Baixa, 1 hora e 30 minutos aprox.
Asfalto
Descargar (pdf)

Meixigo, a cristalina maxia da brétema
Dificultade: Baixa, 1 hora aprox

Descargar (pdf)

Peiraio, corredoiras con historia de seu
Dificultade: Baixa, 1 hora aprox.
Asfalto e maiormente terra.
Descargar (pdf)
Pravio, a ruta das feiticeiras terras

Dificultade: Baixa, 1 hora aprox
Predomina o asfalto
Descargar (pdf)

Pravio, un horizonte de cruzamentos
Dificultade: Baixa, 1 hora aprox
Predomina o asfalto
Descargar (pdf)
Sigrás, Camiños de historias e de prehistorias

Dificultade: Baixa, 50 minutos
Asfalto e formigón lavado
Descargar (pdf)

Sigras, polas terras da María Pita lendaria

Dificultade: Baixa, 50 minutos
Asfalto
Descargar (pdf)

San Lourenzo, camiños de melancólicas saudades

Dificultade: Baixa, 1 hora e 30 minutos aprox.
Corredoiras, camiños e asfalto
Descargar (pdf)

Vigo, o misterio das terras altas

Dificultade: Baixa, 50 minutos aprox.
Asfalto
Descargar (pdf)

Vigo: A Ignota Fraga do Rei
Dificultade: Baixa, 1 hora aprox.
Terra na súa maior parte
Descargar (pdf)
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.