Campaña de Boas Prácticas medioambientais

Concello de Cambre puxo en marcha unha campaña de Boas prácticas ambientais coa que busca concienciar aos centros de ensinanza, aos negocios e, en xeral, á cidadanía, sobre a necesidade de coidar e respectar do medio ambiente. 

Como parte da iniciativa destaca a Rede Verde, aberta a todos os establecementos do municipio que desexen sumarse. 

As empresas asentadas no municipio que estean interesadas en adherirse á rede poderán facelo enchendo un impreso de solicitude dispoñible na web. Así mesmo, deberán cubrir un cuestionario e asinar unha declaración responsable. Con este último documento, comprometeranse a aplicar, no seu día a día, rutinas que reduzan o impacto ambiental dos seus negocios. As firmas que se sumen á iniciativa recibirán un distintivo en vinilo para colocar nos seus negocios e terán difusión a través da web e das redes sociais municipais. Terán a posibilidade de gozar de iniciativas e campañas exclusiva, así como información e asesoramento gratuíto sobre axudas e subvencións ás que poden acceder como negocios sostibles. 

Proceso para unirse á Rede Verde de Establecementos

Folleto informativo da Rede verde para negocios e consumidores

Distintivo da Rede Verde de Establecementos

Guía de Boas prácticas ambientais

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.