Reforestacións / Plantacións no Concello

Anceis
A plantación levouse a cabo mediante a técnica Nendo Dango, consistente no lanzamento de bólas de arxila que conteñen sementes. En concreto, as que se empregaron nesta plantación contiñan un sobre de arxila, unha bolsa de humus de miñoca, outra de sementes de pradería e unha última con sementes de freixo

Meixigo
A plantación realizouse nunha parcela situada nas inmediacións do local social, e correu a cargo de membros do goberno local así como da Asociación de Veciños de Meixigo.

As árbores situáronse nos bordos da parcela, de maneira que deixan un amplo espazo central para a realización de actividades ao aire libre. As árbores plantadas son haxas, avellanos, bidueiros, castiñeiros e carballos.

O verde desde a ventá

O pasado mes de decembro de 2021, nenos e nenas do Concello levaron a cabo unha plantación de 27 arbores froiteiras nunha finca municipal no marco da iniciativa “O verde desde a ventá”. Éstas arbores foron prantadas polos rapaces e rapazas que participaron na primeira parte desta campaña enviándonos durante o confinamento os seus debuxos de espazos naturais de Cambre.

Entre as especies plantadas neste espazo podense encontrar maceiras, pereiras, cerdeiras, ciroleiras, figueiras e castaños. Ademais foron instaladas varias mesas picnic nesta plantación para uso dos veciños e veciñas.

 Se queres visitar este espazo verde:  ubicación

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.