Día do Medio Ambiente

O coidado e o respecto polo medio ambiente non deberían entender de idades. Con esta idea en mente, o Concello de Cambre ofreceu varias actividades interxeracionais polo Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño. En concreto, a Concellería de Medio e Mobilidade realizou un taller de reutilización de lonas recicladas e unha procura do tesouro no paseo do río Mero.