O teatro converterase no gran protagonista da programación cultural de Cambre este outono
O teatro será o gran protagonista da programación cultural de outono de Cambre. O centro sociocultural do Graxal acollerá, ao longo de outubro e novembro, seis representacións de todos os xéneros. As persoas interesadas poderán reservar as súas entradas a través do...
Cambre adhírese á Central de Contratación do Estado para reducir tempos e carga de traballo do persoal municipal
O goberno local acaba de dar un novo paso para axilizar a situación actual do Concello. En concreto, na xunta de goberno celebrada hoxe acordouse a adhesión de Cambre aos seguintes acordos marcos da Central de Contratación do Estado: subministración de enerxía...
O Concello avanza na demolición do edificio ilegal dos Campóns
O Concello continúa avanzando nos traballos de demolición do edificio inacabado dos Campóns (Sigrás). Trátase dunha edificación de vivendas en bloque plurifamiliar de baixo máis tres plantas que se levantou no 1995. Tres anos despois, a construción deste inmoble...
A Policía Local colabora coa Garda Civil na detención dun home que tentou entrar nunha vivenda
A Policía Local de Cambre colaborou, xunto á Garda Civil, na detención dun home que tentara entrar nunha vivenda da praza Vila Concepción, no Temple. Os feitos producíronse esta madrugada, ao redor das 00.50 horas, cando as patrullas da Policía Local e a Garda Civil...