Cambre avanza no proceso de peonalización do núcleo urbano coa remodelación da fronte da Casa do Concello
As obras, que acaban de iniciarse, supoñerán a mellora das condicións de accesibilidade e mobilidade, así como a posta en valor de elementos patrimoniais como a igrexa de Santa María e o cruceiro. O alcalde explica que estas intervencións “seguen a liña de traballo...
O Concello valorará a firma de convenios con empresas de telecomunicación para despregar fibra óptica en todo o municipio
O alcalde e a concelleira de Economía, Facenda e Recursos Humanos están a manter reunións con varias compañías de telecomunicacións. Buscar opcións para despregar a fibra óptica en todo o termo municipal. Ese é o obxectivo que se marcan o alcalde, Óscar García Patiño,...
Avanzan os murais do V Cromático Mural Fest
Continúan traballando os artistas, Mon Devane, Socatoba, Magda Cwik e Huariu, que plasmarán as súas creacións en Sigrás, Cambre, A Barcala e Ou Amorne. A polaca Magda Cwik anima a que calquera persoa que o desexe poida axudala durante o proceso creativo. Os murais...
Castrexos e romanos cítanse o venres na Galaicoi para dar inicio a tres días de hostilidades
O Concello publicou hoxe a programación completa do evento, que terá lugar os días 15, 16 e 17 de xullo en Cambre. O Concello de Cambre publicou hoxe o programa completo da quinta edición dunha das súas citas grandes: a Romaría Castrexo-Romana Galaicoi, que se...
Consulta a ordenanza de ruídos
O Concello de Cambre aprobou de xeito inicial a súa ordenanza de ruídos. Podes consultar o documento completo aquí: Ordenanza contaminación acústica
Aberto o prazo de solicitude das axudas a asociacións empresariais e as do Consolida Cambre
O goberno local aumentou nun 75% as axudas a asociacións, pasando dos 40.000 euros consignados en 2021 aos 70.000 euros deste ano 2022. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 10 de agosto. O Concello de Cambre publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia...