Reserva da Biosfera

RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TIERRAS DO MANDEO

A Reserva da Biosfera está integrada polos seguintes concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado. Abarca unha superficie de 116.724 hs e alterna as concas dos ríos Mero e Mandeo con vales costeiros, cordilleiras interiores, zonas costeiras… Por iso é un espazo excepcional para a contemplación e protección de diversos procesos naturais.

O Concello de Cambre está situado no corazón da Reserva e é o verdadeiro eixe vertebrador desta comarca natural: dende o encoro de Cecebre (Espazo Natural Protexido-LIC), pasando polo río Mero e desembocando na ría do Burgo-Temple, o viaxeiro pode contemplar e admirar espazos e procesos naturais en calquera época do ano.

O Encoro de Cecebre, con aves invernantes e grandes poboacións estables de mamíferos, réptiles ou anfibios, é sen dúbida a xoia da Reserva, que se completa harmoniosamente co leito do río Mero e os seus afluentes, que conforman un enclave natural de primeira orde.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.