O Club Béisbol e Sófbol Cambre promoverá en novembro o deporte feminino galego con dous torneos e unha campaña en redes sociais
O Concello de Cambre colabora unha edición máis co Club Béisbol e Sófbol Cambre, que pon en marcha por terceiro ano consecutivo unha campaña apostando pola igualdade en novembro, o mes do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Neste caso,...
Cambre pon en marcha un taller de empoderamento para as mulleres xitanas do municipio
O Concello de Cambre, a través do seu departamento de Servizos Sociais, vai poñer en marcha desde este mes de novembro un taller de empoderamento dirixido ás mulleres xitanas do municipio. Esta iniciativa, que arrinca hoxe venres 8, busca ofrecer un espazo no que...
Cambre aproba un novo suplemento de crédito de dous millóns de euros para pagar facturas e mellorar dous campos de fútbol municipais
O pleno do Concello de Cambre aprobou hoxe, xoves 31 de outubro, o suplemento de crédito 3/2024, por importe de 2.045.209,99 euros, e de crédito extraordinario, por 4.249,45 euros, con remanente líquido de tesourería para gastos xerais. A proposta, un dos puntos da...
Volve o programa “Por fin é venres” da OMIX de Cambre, con catro actividades sobre o anime en novembro
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Cambre organiza, dentro do seu programa “Por fin é venres”, catro talleres relacionados co anime ao longo do mes de novembro. Todas as actividades son gratuítas e levaranse a cabo os venres na Casa dás Palmeiras, de...