O Concello desvela o cartel do XXXI Rock in Cambre con Ugly Kid Joe á cabeza
O Concello acaba de desvelar o cartel da trinta e unha edición do Rock in Cambre, un dos festivais máis lonxevos do xénero e que crece, ano tras ano, en número de asistentes. A cita levarase a cabo o sábado, 5 de agosto, e contará co grupo californiano, Ugly Kid Joe,...
Castrexos e romanos resolven as súas diferenzas e selan un acordo de paz na VI Galaicoi
Tras incontables batallas e escaramuzas, os castrexos e os romanos lograron resolver as súas diferenzas e pór fin á guerra nesta VI Galaicoi. Tras disputar a batalla final, os xefes de ambos os clans acordaron asinar a Tessera Hospitalis como mostra da paz que reinará...
Castrexos e romanos enfróntanse ao seu segundo día de guerra sen un claro vencedor
Pasou xa un día desde o inicio das hostilidades entre castrexos e romanos pero, ata o de agora, ningún bando se posicionou como claro vencedor da contenda. Esta mañá, a zona do antecastro acolleu unha nova escaramuza entre as dúas faccións. Ás 19.00 horas, terá lugar...
A Galaicoi transforma Cambre nun auténtico campo de batalla con dous bandos enfrontados: castrexos e romanos
A paz en Cambre durou só un ano. Os dous bandos historicamente enfrontados, o dos castrexos e o dos romanos, retomaron, esta tarde, as hostilidades na VI Galaicoi. A declaración da guerra chegou despois de celebrarse a asemblea dos clans, marcando o inicio de...