Artigo 19.3 da Ordenanza reguladora da venda ambulante no termo municipal de Cambre (modificado BOP núm.38 23/02/2018)
19.3.–Duración das autorizacións. As autorizacións outorgaranse por tempo determinado. O seu prazo de duración será de cinco anos prorrogables de forma expresa por idénticos períodos, logo de solicitude, cunha antelación mínima de quince días naturais á data de finalización da autorización vixente, debendo permitirse en todo caso, a amortización dos investimentos e unha remuneración equitativa de capitais investidos.