Requisitos venda ambulante

REQUISITOS

  • Estar dado de alta no réxime da Seguridade Social que corresponda durante todo o tempo da vixencia da autorización que sexa concedida. No caso de persoas xurídicas, o persoal asalariado que acuda ao mercado deberá estar dado de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social, como traballador por conta allea. 
  • Estar dado de alta no censo de actividades económicas da Axencia Tributaria da Facenda do Estado (AEAT). 
  • Estar ao corrente coa Seguridade Social a Axencia Estatal Tributaria (AEAT), a Facenda da Xunta de Galicia (ATRIGA) e co Concello de Cambre. 
  • Cumprir cos requisitos das regulamentacións de cada tipo de produtos. 
  • Estar en posesión, no seu caso, do certificado acreditativo de ter recibido formación en materia de manipulación de alimentos. 
  • Dispor de seguro de responsabilidade civil. 
  • Os vehículos tenda deberán ter permiso de circulación e tarxeta de inspección técnica actualizada e estar ao día no pago do seguro obligatorio de vehículos a motor. 

No caso da venda de producción propia cuxo produto final estea incluído no anexo I do artigo 38 o Tratado de funcionamento da Unión Europea

  • Ser titular dunha explotación agraria.
  • Non ter débedas co Concello de Cambre.
  • Lugar de produción da mercadoría, indicando o enderezo completo.
  • Cumprir cos requisitos das regulamentacións de cada tipo de produto.
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.